neoclasicismo

neoclasicismo

neo- + clasicismo

Plural: neoclasicismos
  1. s m [ARTE/LIT ]

    Movemento estético de base intelectual, orixinado polo desgaste das fórmulas do barroco final na segunda metade do s XVIII, que se caracterizou polo predominio das formas e dos temas derivados do clasicismo helénico e pola preferencia pola liña e o debuxo sobre a cor.

  2. s m [ARQUIT ]

    Corrente arquitectónica do s XX representada no comezo por Behrens, A. Loos e Mies van der Rohe, formados aínda na normativa neoclásica, que utilizaron nas súas primeiras obras.

  3. s m [MÚS ]

    Movemento musical, desenvolvido entre 1918 e 1939, que consistiu nun retorno á música barroca e clásica.