negativo
-
adx
Que expresa ou implica unha negación.
-
adx
Que non é positivo, que consiste na negación ou ausencia dunha cousa.
-
adx
Que ten unha actitude inconstrutiva e que se opón a todo.
-
adx
Que non é bo ou útil.
-
adx
[LING ]
Aplícase ao termo, partícula ou locución que serve para negar.
-
adx
-
Relativo ou pertencente á electricidade negativa.
-
Aplícase á electricidade que se produce en corpos como a resina, a ebonita ou o plástico ao ser refregados cun pano.
-
Aplícase ao polo dun xerador eléctrico que é capaz de subministrar electróns ao circuíto exterior.
-
-
adx
-
Aplícase á dirección, á semirrecta ou á superficie oposta á correspondente positiva.
-
Aplícase ao ángulo que ten o mesmo sentido que o das agullas do reloxo.
-
-
adx
-
Aplícase ao número ou á magnitude menor que cero.
-
Aplícase ao signo menos (-) que se emprega para designar os números e as magnitudes negativas e para designar a operación de restar.
-
-
s
m
[IMAX ]
Primeira imaxe que se obtén ao facer unha fotografía, onde os tons escuros e claros son opostos aos da realidade fotografada.