nazareno

nazareno
Plural: nazarenos
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Nazaret.

    2. s

      Natural ou habitante de Nazaret.

    1. adx

      Que se consagraba ao culto de Deus. Tm s, referido a persoa.

    2. s

      Penitente que nas procesións de Semana Santa adoita cubrirse cunha túnica morada.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á escola nazarena.

    2. s

      Seguidor da escola nazarena.

    3. escola nazarena [ARTE ]

      Movemento estético romántico de orixe xermánica, aínda que formado en Roma a comezos do s XIX, que aspiraba a conciliar o neoclasicismo paganizante cun renovado espírito cristián.

Palabras vecinas

navieira navieiro navío nazareno nazi nazismo Nb