nacionalización

nacionalización

nacionalizar

Plural: nacionalizacións
  1. s f

    Acción de nacionalizar ou de nacionalizarse.

  2. s f [DER ]

    Adopción da condición legal de membro ou cidadán dun estado concreto.

  3. s f
    1. Apropiación dos medios de produción ou do capital estranxeiro por parte do estado onde radican estes bens ou por parte dos membros deste mesmo estado.

    2. Conversión dun medio de produción en propiedade da comunidade social nos seus diversos graos (municipal, rexional ou estatal).

    3. Proceso de estatalización, mediante expropiación e coa indemnización correspondente, que adoita afectar nos estados occidentais só a ramas illadas da produción.

Sinónimos

Confrontaciones

socialización