mutación

mutación

lat mutatĭōne

Plural: mutacións
  1. s f

    Acción e efecto de mutar.

  2. s f [ESPECT ]

    Cambio de decoración en teatro.

  3. s f [CLIMAT ]

    Cambio moi notable de temperatura.

    1. s

      Alteración permanente dun ou máis caracteres hereditarios como consecuencia dun cambio no material xenético dunha célula, que se transmite ás células fillas.

    2. frecuencia de mutación

      Proporción dun tipo de mutantes que se atopan presentes nun momento dado nunha poboación celular en crecemento, e que depende da taxa de mutación e do grao de selectividade do medio.

    3. taxa de mutación

      Probabilidade de que unha célula dunha poboación celular en fase de crecemento sufra de xeito espontáneo un tipo específico de mutación.