multiplicador -ra
lat multiplicātōre
-
adx
Que multiplica.
-
s
m
[MAT ]
Número polo cal se multiplica outro número.
-
s
m
[BÉL ]
Explosivo que se introduce no cebo dos proxectís ou das cargas explosivas principais e que serve para provocar a explosión da carga. Estoupa polo efecto do detonador.
-
s
m
[ECON ]
Factor numérico que indica a proporción en que o incremento dunha determinada magnitude repercute na variación final doutra de tal maneira relacionada.
-
multiplicador de electróns
[FÍS ]
Parte dun tubo electrónico en que a corrente electrónica inicial é amplificada sucesivamente por un conxunto de dinodos alimentados a un potencial cada vez máis elevado.
-
multiplicador de frecuencia
[TECNOL ]
Dispositivo ou circuíto electrónico que produce unha onda de saída na que a frecuencia é múltiplo exacto da entrada.
-
multiplicador de tensión
[FÍS ]
Circuíto rectificador que produce unha tensión continua, de saída superior ao máximo da tensión alterna de alimentación e aproximadamente igual a un múltiplo seu.
-
multiplicador de velocidade
[TECNOL ]
Sistema de transmisión do movemento en que o eixe de saída ten unha velocidade de rotación superior á do eixe de entrada.