mufla

mufla

fr moufle

Plural: muflas
  1. s f [QUÍM ]

    Recipiente metálico ou de material refractario, semicilíndrico, que preserva dos cambios de temperatura ou da oxidación do aire os corpos que contén cando se coloca nun forno.

  2. s f [TECNOL ]

    Semicilindro oco ou en forma de copa, de terra refractaria, illado da atmosfera, que é empregado polos pintores de porcelana para vitrificar as cores expoñéndoas ao lume ou para conseguir a fusión de diversos corpos.