mozo -za

mozo -za

lat mutilu ‘rapado’?

Plural: mozos Masculino: mozo Masculino plural: mozos Feminino: moza Feminino plural: mozas
  1. adx

    Que xa pasou da infancia pero non é maior de idade. Tm s.

  2. adx

    Que é máis novo ca outro, especialmente en comparacións.

  3. s

    Persoa que mantén unha relación amorosa con outra persoa.

  4. s m

    Persoa que traballa nun establecemento para atender a unha clientela.

  5. s m

    Oficial que ía a cabalo á esquerda da carruaxe do rei.

  6. s [BÉL ]

    Individuo sometido ao servizo militar, desde que é alistado ata que ingresa nun centro de recrutamento.

  7. mozo real [HIST ]

    Oficial encargado da corte real. Coidaba os cabalos e as mulas que montaba o rei e os seus arreos.

Sinónimos

Citas

  • A túa nai está máis moza ca a miña, Comparado coa muller que sae semella un mozo
  • Aínda es moi mozo para facer ti só a comida, Era un mozo alto e moi guapo
  • Anos terá, pero é moi mozo para certas cousas, Está feito un mozo para a idade que ten
  • É mozo dela desde hai dous anos
  • O mozo da estación traballaba sen parar, Sempre tivo unha moza na casa que lle facía todo

Frases hechas

  • Ser bo/boa mozo/moza. Ter boa presenza.