mozárabe
mozárabe
ár musta’rab ‘arabizado’
-
-
adx
Relativo ou pertencente aos mozárabes ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST ]
Individuo do pobo mozárabe.
-
s
[ETN/HIST ]
Grupo de poboación cristiá que conservou a súa relixión baixo a dominación islámica da Península Ibérica.
-
s
[LING ]
Fala románica que empregaban os mozárabes e tamén os muladís ou indíxenas renegados do cristianismo.
-
adx
-
adx
Aplícase á liturxia propia dos cristiáns da Península Ibérica antes da introdución do rito romano, denominada tamén liturxia visigótica ou hispánica.
-
adx
Aplícase impropiamente á escritura visigótica.