anódico -ca

anódico -ca
Plural: anódicos Masculino: anódico Masculino plural: anódicos Feminino: anódica Feminino plural: anódicas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao ánodo ou que emana del.

  2. efecto anódico [FÍS/QUÍM ]

    Incremento importante e súbito da voltaxe, na electrólise por ignición, que se produce cando a densidade de corrente anódica sobrepasa un certo valor crítico.

  3. lodos anódicos [FÍS/QUÍM ]

    Nunha electrólise, lodos que se producen no espazo anódico ao desagregarse os ánodos solubles.

  4. raios anódicos [FÍS ]

    Ións positivos, nun tubo electrónico, que se forman polas impurezas existentes na superficie do ánodo metálico cando o baleiro é moi elevado e o campo eléctrico moi intenso.