motacílido -da

motacílido -da

lat científico Motacilla

Plural: motacílidos Masculino: motacílido Masculino plural: motacílidos Feminino: motacílida Feminino plural: motacílidas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos motacílidos.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos motacílidos.

  3. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Familia de aves paseriformes, que presentan o bico curto, fino e case cilíndrico, as patas e os dedos finos e longos, as ás agudas, con 9 réximes primarias, e a cola bastante longa. Son esencialmente insectívoros e habitan en todo o mundo, excepto nos polos, en Nova Guinea e nas illas de Oceanía.

Palabras vecinas

mostrar mostraxe mostreiro motacílido -da motel motete moth*