mosca
lat musca
-
-
mosca dourada
Insecto, da familia dos crísidos, da orde dos himenópteros, coa cabeza e o tórax azuis e o abdome encarnado. Poñen os ovos dentro dos niños de abellas e de avespas.
-
mosca común
Insecto, da familia dos dípteros, de cabeza negra e corpo gris con bandas negras. Habita en ambientes humanizados, é moi prolífica e pode ser un vector de enfermidades.
-
mosca da carne
Insecto da familia dos dípteros. É coñecida por deixar os seus ovos en carne en descomposición, que alimentará as larvas que sairán dos ovos.
-
mosca tse-tse
Insecto da familia dos dípteros, coñecido por inocular, en persoas e gando, un tripanosoma que provoca a enfermidade do sono.
-
s
Nome dado a unha gran diversidade de insectos da familia dos dípteros e a algúns doutras familias de insectos.
-
mosca abellón
Nome que reciben os dípteros da familia dos bombílidos. Teñen unha gran trompa que utilizan para succionar o néctar das flores.
-
mosca da froita/do vinagre
Nome co que é coñecida a Drosophila melanogaster, de pequeno tamaño e moi utilizada en xenética.
-
mosca das pedras
plecóptero.
-
mosca de maio
Nome que reciben os insectos da orde dos efemerópteros.
-
mosca escorpión
mecóptero.
-
mosca serpe
rafidióptero.
-
mosca dourada
-
s
f
[PESCA ]
Mosca artificial, que intenta semellarse ás efémeras, utilizada para a pesca fluvial.
-
moscas voantes
[PAT ]
Fenómeno subxectivo que consiste na aparición de puntos negros no campo visual.
Sinónimos
Frases hechas
-
Caer/Morrer coma moscas. En gran cantidade.
-
Non ser capaz de matar unha mosca. Ser inofensivo.
-
Papar moscas. Estar distra
Refranes
- A picada de mosca, peza de lenzo.
- As moscas no verán comen o mel e comen o gando.
- Con cazola que ferve ningunha mosca se atreve.