morto -ta

morto -ta

lat mortŭu

Plural: mortos Masculino: morto Masculino plural: mortos Feminino: morta Feminino plural: mortas
  1. p irreg

    morrer.

  2. adx

    Que morreu.

  3. adx

    Que non ten movemento nin funcionamento.

  4. adx

    Que pertence ao pasado e está fóra de uso.

  5. adx col

    Que está moi cansado.

  6. adx

    Aplícase á persoa aburrida ou pesada.

  7. adx

    Que sente con moita intensidade.

  8. s

    Persoa que morreu.

  9. s m [MAR ]

    Áncora dunha soa uña cravada no fondo e fixada solidamente nunha boia onde se amarran as embarcacións.

  10. capital morto [ECON ]

    Capital que non dá ningún beneficio.

  11. letra morta [DER ]

    Lei ou convención escrita sen efecto, que non se aplica.

Citas

  • A chegada do morto está prevista para as tres da tarde
  • Ata que chegue o verán a vila dos meus avós está morta, O coche caeu nas augas mortas.
  • Atoparon cinco persoas mortas no río
  • Estaba morto de sono e foi para a cama, Fuxiu daquela casa morto de medo
  • O latín é unha lingua morta
  • Traía un vestido de cores ben mortas, Acabei morto de risa co chiste que contou Marga, Son as tres da tarde e estou morta de fame, O meniño, morto de medo, chamoume pola noite
  • Veño de traballar e chego morto á casa

Frases hechas

  • Botarlle/Cargarlle/ Encambarlle o morto a un. Botar as culpas a algu

  • Desenterrar os mortos. Criticar e murmurar dos que xa morreron.

  • Estar morto e enterrado. Estar definitivamente esquecido.

  • Facer o morto. Sosterse inm

  • Non ter onde caer morto/Ser un morto de fame. Ser algu

  • Tocar a morto/de morto Tocar as camp