mortal

mortal

lat mortāle

Plural: mortais
  1. adx

    Que está destinado á morte.

  2. adx

    Que produce ou que pode producir a morte.

  3. adx

    Que se expresa con moita intensidade.

  4. adx

    Que é difícil de soportar.

  5. s

    Ser humano.

Sinónimos

Citas

  • Errar é unha característica dos mortais
  • Esa proposta e a súa aceptación foi unha medida mortal para a economía
  • Matouno o veleno mortal da serpe, Saíu da loita cunha ferida mortal
  • Necesitaba, como calquera mortal, que lle desen cariño, É digna de mágoa esta pobre mortal!
  • O rapto do seu fillo vai ser un golpe mortal para el, Tiven que esperar polos resultados do médico dúas horas mortais
  • Son inimigos mortais, Téñense un odio mortal
  • Tiña tanto medo que un frío mortal percorríalle todo o corpo, Despois do accidente queixábase dunha dor mortal na perna
  • Todo ser vivo é mortal