mormo

mormo

lat morbu ‘doenza’

Plural: mormos
s m [PAT ]

Enfermidade contaxiosa dos équidos, que se produce pola bacteria Actinobacillus mallei e que se caracteriza pola inflamación e ulceración da mucosa nasal e dos ganglios linfáticos, o que provoca trastornos respiratorios que mesmo poden levar á morte. Pode ser transmitida a cans, cabras, ovellas e mesmo ao ser humano.

Sinónimos

Formas incorrectas

bormo