morfoloxía

morfoloxía

morfo- + -loxía

Plural: morfoloxías
  1. s f [BIOL ]

    Parte da bioloxía que estuda a forma e a estrutura dos seres vivos, intenta explicar a disposición e a estrutura dos órganos, aclara o seu significado biolóxico e axuda na investigación da adaptabilidade e a reacción ante o medio.

  2. s f [LING ]

    Parte da gramática tradicional que estuda a flexión, composición e derivación das palabras, independentemente das súas relacións ou funcións na frase ou na oración.

  3. s f [XEOG ]

    Forma do relevo terrestre.

  4. morfoloxía urbana
    1. Parte da xeografía urbana que estuda a forma das cidades.

    2. Aparencia externa da cidade, formada pola trama de rúas e espazos urbanos, que orixinan o plano da cidade.

  5. morfoloxía agraria

    Forma que amosa a concentración parcelaria dun territorio.

  6. morfoloxía vexetal [BOT ]

    Parte da botánica que estuda a estrutura e a forma das plantas e que inclúe a citoloxía, a histoloxía e a organografía vexetais.