mordaza

mordaza

lat v *mordacia

Plural: mordazas
  1. s f

    Peza de tea ou calquera instrumento que se pon na boca para impedir que alguén fale ou berre.

  2. s f

    Aquilo que impide manifestarse con liberdade.

  3. s f [TECNOL ]

    Nome que reciben diversos dispositivos ou instrumentos formados por dúas pezas que, actuando á maneira de tenaces, serven para suxeitar e soster con firmeza un obxecto.

Citas

  • A censura franquista puxo unha mordaza a calquera expresión que reivindicase o galego
  • O secuestrador púxolle unha mordaza á vítima para que non berrase