monumento

monumento

lat monumentu

Plural: monumentos
  1. s
    1. [ARTE ]

      Obra de escultura ou de arquitectura erixida para perpetuar a lembranza dunha persoa ou un feito memorable.

    2. Obra de importancia notable para as artes, a historia ou a literatura dun país ou dunha cultura.

  2. s m [ARTE ]

    Edificio importante dun lugar ou unha cidade.

  3. s m [RELIX ]

    Altar especial, cun sagrario ou tabernáculo, que se dispón nas igrexas o Xoves Santo, para a reserva da Eucaristía do Venres Santo.

  4. monumento funerario [ARTE ]

    Sepulcro ou obra arquitectónica ou escultórica realizado co fin de honrar a un morto.

  5. monumento nacional [ARTE ]

    Monumento que polo seu valor arqueolóxico ou histórico, queda baixo a tutela do estado con vista á súa conservación e restauración.