montaña

montaña
Plural: montañas
  1. s f [XEOG ]

    Elevación natural do terreo, que supera como mínimo os 350-400 m de altitude.

  2. s f [XEOG ]

    Parte montañosa dun territorio.

  3. s f

    Calquera elevación que se forma pola acumulación artificial dalgún material.

  4. s f

    Territorio do interior, por oposición a ribeira ou mariña.

  5. s f

    Cousa que resulta moi difícil de facer.

  6. s f

    Cantidade moi grande de algo.

  7. clima de montaña [CLIMAT ]

    Clima propio da montaña, que presenta características derivadas da altitude, a diminución das temperaturas, a inversión térmica durante o inverno, a formación de sistemas de ventos típicos e o aumento das precipitacións.

  8. montaña rusa [XOGO ]

    Atracción de feira que consiste nunha pista con altos e baixos moi pronunciados na que se instalan vehículos sobre vías férreas, que se moven a gran velocidade pola forza da gravidade.