monoclínico -ca

monoclínico -ca

mono- + κλίνειν ‘inclinar’

Plural: monoclínicos Masculino: monoclínico Masculino plural: monoclínicos Feminino: monoclínica Feminino plural: monoclínicas
  1. adx [FÍS ]

    Que ten unha soa inclinación oblicua dos eixes.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao sistema monoclínico.

  3. sistema monoclínico [FÍS ]

    Sistema cristalino formado por tres clases cristalinas. A clase de máis simetría, a holoedria monoclínica, posúe un eixe binario, un plano de simetría perpendicular ao eixe mencionado e un centro de simetría, e é a clase na que cristaliza un número máis grande de compostos.