monema

monema

mon- + -ema

Plural: monemas
s m [LING ]

Unidade significativa mínima da primeira articulación da linguaxe, en oposición á unidade distintiva ou fonema, na terminoloxía de André Martinet. Os monemas que pertencen ao campo do léxico ou vocabulario son lexemas e os que forman parte da estrutura gramatical son morfemas.