molibdeno
molibdeno
lat molybdaena gr μολ ύ βδαινα ‘anaco de chumbo’
s
m
[QUÍM ]
Elemento metálico que pertence ao grupo VI A da táboa periódica, de número atómico 42 e peso atómico 95,94. É de cor branca agrisada, atópase na natureza en forma de minerais como a molibdenita ou a wulfenita, e está presente en todos os seres vivos. Ademais, actúa como catalizador na fixación de nitróxeno nas leguminosas e na síntese da clorofila e ten aplicacións na industria da electrónica.