molestia
molestia
lat molestĭa
-
s
f
Acción e efecto de molestar.
-
s
f
Cousa que produce incomodidade ou malestar a alguén.
-
s
f
Malestar físico de carácter leve.
Citas
- Aínda que lle deron a alta médica, o xogador aínda tiña molestias no nocello, OBS: Nesta acepción emprégase xeralmente en plural
- É unha molestia ter que asinar todos os días no rexistro
- Pediu perdón polas molestias causadas
Refranes
- A quen tes que contentar non o debes enfadar.
- Calquera gato sente que outro o rabuñe.
- Nin burro omeante nin home rallante.
- Quen non se sente dunha mala palabra, non se sente dunha labazada.