molde
molde
cat antigo motle
-
s
m
Peza cunha cavidade na que se introduce unha substancia en forma de po, pasta ou líquido para que, ao pasar ao estado sólido, colla a forma da cavidade.
-
s
m
[CONSTR ]
encofrado.
-
s
m
[XEOL ]
Figura dalgunha estrutura ou animal que queda nun sedimento ao consolidarse.
-
s
m
[GRÁF ]
Composición seguida ou complexa, que pode estar integrada por texto, signos, ilustracións ou outros elementos gráficos, e que unha vez axustada e unida forma a páxina ou paquete que será impreso.