moeda

moeda

lat monēta

Plural: moedas
  1. s f [NUMIS/ECON ]

    Peza de metal cuñada pola necesidade dos intercambios, con aliaxe, título, peso e valor establecidos. Introducida polos gregos (s VIII a C), difundiuse por todo o mundo antigo.

  2. s f [ECON ]

    Parte da oferta monetaria dun país, composta de billetes e moeda metálica.

  3. s f [ECON ]

    Unidade monetaria propia dun país.

    1. moeda convertible

      Moeda que pode ser intercambiada polo seu detentor polo equivalente en moeda doutro país ao tipo de cambio establecido entre ambas as dúas.

    2. moeda feble

      Moeda que ten un valor inestable ou unha tendencia a perder o seu valor constantemente en relación coas fortes.

    3. moeda forte

      Moeda que ten un valor estable no mercado internacional de cambios ou unha consolidada tendencia a revalorizarse respecto ás outras moedas.

    1. moeda de conta

      Representación dun valor monetario moi superior ao da moeda corrente, usado para expresar cantidades moi elevadas.

    2. moeda miúda

      Moeda de ínfimo valor.

Frases hechas

  • Pagar na/coa mesma moeda. Responder algu

Refranes

  • O carto falso de noite pasa cun nisco de maña.