modulación

modulación

lat modulatĭōne

Plural: modulacións
  1. s f

    Acción e efecto de modular.

  2. s f

    Cambio de ton, acento ou intensidade que se produce durante a emisión dun son.

  3. s f [MÚS ]

    Paso dunha modalidade ou dunha tonalidade a outra.

  4. s f [COMUN ]

    Modificación das características dunha onda, chamada portadora, co fin de mellorar a transmisión, desde un emisor a un receptor, da información contida na outra onda, chamada moduladora.