modo

modo

lat modu

Plural: modos
    1. s

      Maneira de ser variable dun ser.

    2. s [FILOS ]

      Determinación entitativa falta de consistencia nela mesma e polo tanto dependente sempre doutra entidade. A súa realidade ontolóxica é sempre menor ca a dos accidentes e poden ser substanciais, accidentais ou de inherencia.

    3. modo de ser

      Cada un dos atributos trascendentais do ser, como a bondade, a unidade, a verdade e, para algúns, a beleza.

  1. s m [LING ]

    Modalidade da conxugación verbal que se axeita á maneira en que o falante concibe a acción e que se expresa mediante morfemas.

  2. s m pl

    Xeito de comportarse unha persoa con respecto aos demais.

    1. s

      Encargo unido a unha doazón ou a un legado que obriga ao adquirinte.

    2. modo de adquisición

      Feito xurídico polo que unha persoa adquire o dominio ou outro dereito real sobre unha cousa.

  3. s m [MAT ]

    Disposición das premisas nun siloxismo categórico, segundo a súa cantidade (universal ou particular) e calidade (afirmativa ou negativa).

  4. s m [FÍS ]

    Onda estacionaria en que pode vibrar unha corda tensa, unha membrana ou unha columna de aire.

  5. modo de produción [ECON ]

    Concepto teórico elaborado pola análise das formacións sociais concretas que se considera como unha combinación de relacións de produción e forzas produtivas, estruturada pola dominación das relacións de produción.

  6. modo de vida

    Forma de vida que caracteriza a un grupo de persoas.

Citas

  • A súa filla sempre tivo moi bos modos