abstracción

abstracción

lat tardío abstractĭōne

Plural: abstraccións
  1. s f

    Acción e efecto de abstraer ou abstraerse.

  2. s f

    Resultado da imaxinación que non ten contacto coa realidade obxectiva.

Citas

  • Para alguén que non ten cartos unha viaxe polo Caribe é pura abstracción
  • Para entender a certos filósofos precísase un elevado índice de abstracción