modelaxe

modelaxe

modelar

Plural: modelaxes
  1. s f

    Acción e efecto de modelar.

  2. s f [ARTE ]

    Procedemento que se emprega en escultura exenta polo que o escultor, cunha materia plástica e maleable, fai unha obra ou un modelo que despois reproducirá en materiais máis duros.

  3. s f [ARTE ]

    Obra que se obtén por este procedemento.

  4. s f [ARTE ]

    Intento de conseguir a sensación de volume en relevo, pintura, debuxo, gravado ou todas as demais representación bidimensionais mediante recursos lumínicos, contrastes de cor ou perspectiva.

  5. s f [XEOG ]

    Conxunto de formas dun terreo que caracterizan a un sistema de erosión.

Formas incorrectas

modelado