moco

moco

lat muccu

Plural: mocos
  1. s
    1. Substancia espesa e pegañenta que segregan as células mucosas dalgunhas glándulas e membranas.

    2. Porción desa substancia que colga ou cae das ventas do nariz.

  2. s m [FISIOL ]

    mucosidade.

  3. s m

    Calquera substancia de aparencia semellante ao moco.

  4. s m [ZOOL ]

    Carnosidade que ten o galo sobre o pico.

  5. s m
    1. Pau suxeito ao bauprés, por onde pasan os cabos que suxeitan os botalós de foque e de petifoque.

    2. Corda que afirma o botaló de proa á parte exterior da roda nos barcos de mesana.

  6. s m

    Carambelo de xeo que queda colgado dun sitio por onde pinga auga.

Confrontaciones

borba

Citas

  • Ten un moco na cara e non se dá conta

Frases hechas

  • Pingar o moco. Chorar.