móbil

móbil

lat mobĭle

Plural: móbís
    1. adx

      Que se move ou pode moverse.

    2. adx

      Aplícase á cousa que se pode transportar dun lugar a outro.

    3. s

      Obxecto de decoración ou xogo composto de elementos unidos por fíos ou varas articuladas, suspendidas ou en equilibrio sobre un soporte, que se move co impulso do aire.

    4. s [ARTE ]

      Realización plástica dotada de movemento constante ou alternativo e autoaccionada ou propulsada por un axente externo.

    5. s [FÍS ]

      Corpo en movemento.

    6. móbil perpetuo de primeira especie [FÍS ]

      Máquina, imposible de construír segundo o primeiro principio da termodinámica, que, unha vez posta en marcha, proporcionaría indefinidamente traballo útil sen recibir enerxía ou ben proporcionaría máis enerxía da que consumiría para funcionar.

    7. móbil perpetuo de segunda especie [FÍS ]

      Máquina, imposible de construír segundo o segundo principio da termodinámica, que realizaría un proceso cíclico que daría como resultado a extracción de calor dunha única fonte e a produción dunha cantidade equivalente de traballo.

  1. adx
    1. Que cambia ou pode cambiar.

    2. Que non ten estabilidade ou fixación.

  2. s m

    Aquilo que impulsa a realizar unha acción.

  3. s m [COMUN ]

    teléfono móbil.

Citas

  • As unidades móbiles de televisión chegaron ao lugar do accidente
  • Avariouse a peza móbil e tiveron que pedir un recambio
  • Están investigando o móbil do roubo
  • Os prezos móbiles dos produtos provocaron flutuación no mercado
  • Regaláronlle un móbil artesanal feito por un pobo amerindio