anilina
anilina
anil + -ina
-
s
f
[QUÍM ]
Amina primaria que se emprega principalmente na fabricación de catalizadores e antioxidantes para o caucho.
-
s
f
[QUÍM/IND ]
Designación xenérica elíptica dos colorantes sintéticos derivados da anilina.
-
clorhidrato de anilina/sal de anilina
[QUÍM ]
Derivado de anilina que se emprega na síntese de colorantes.
-
pel/coiro anilina
[IND ]
Pel que estivo adobada, tinguida e acabada polo costado da flor conservando perfectamente o debuxo ou grao natural da mesma pel.
-
punto de anilina
[TECNOL ]
Temperatura á que unha gasolina é miscible cun volume igual de anilina que se utiliza para calcular o contido de substancias aromáticas dos hidrocarburos.