minoico -ca

minoico -ca

antropónimo Minos

Plural: minoicos Masculino: minoico Masculino plural: minoicos Feminino: minoica Feminino plural: minoicas
  1. adx

    Relativo ou pertencente á Creta antiga ou á súa lingua.

  2. s

    Natural ou habitante da Creta antiga.

  3. s m [LING ]

    Lingua que atesouran os documentos en escritura lineal A cretense atopados en Creta e noutras illas do mar Exeo.

  4. civilización minoica [HIST/ARTE ]

    Civilización prehelénica que se desenvolveu na illa de Creta durante os ss III-II a C. Dividiuse en tres grandes períodos: Minoico Antigo (2700-2200 a C), Minoico Medio (2000-1550 a C) e Minoico Recente (1550-1100 a C). Desenvolveu unha escritura propia, coñecida como lineal A.

Palabras vecinas

miño miñoca miñoeira minoico -ca miñón minoración minorante