minimalismo

minimalismo

ingl minimalism

Plural: minimalismos
  1. s m [ARTE ]

    Tendencia artística orixinada durante a década de 1960 en EE UU, que se baseaba na máxima redución morfolóxica, pero tendente a unha máxima complexidade das ordes perceptivas e do comportamento do espectador. Traballaba con estruturas matemáticas e xeométricas, materiais industriais e unha cor plana.

  2. s m [MÚS ]

    Expresión inventada polo pianista e compositor Michael Nyman para designar a estética musical baseada na repetición sistemática dunha pequena estrutura melódica e rítmica tonal que se vai transformando gradualmente.