metralla

metralla

fr mitraille

Plural: metrallas
  1. s f [BÉL ]

    Munición composta por anacos miúdos de ferro, cobre, cinc, cravos e outros materiais coa que se cargaban diversas pezas de artillaría e algúns artefactos explosivos.

  2. s f [BÉL ]

    Conxunto de fragmentos en que se parten os proxectís despois da súa explosión.

  3. s f [BÉL ]

    Conxunto de proxectís disparados cunha arma automática.

  4. s f

    Conxunto de anacos miúdos de ferro coado que saltan fóra dos moldes ao facer os lingotes.

  5. s f

    Conxunto de cousas inservibles que se acumulan nun lugar.

  6. s f

    Gran cantidade de calquera cousa.

Citas

  • Deixa de meter tanta metralla no armario que xa non colle nada
  • Se che apetece un pexego tes metralla deles na horta