meteoroloxía
meteoroloxía
gr μετεωρολογία
-
s
f
[METEOR ]
Ciencia que estuda a atmosfera e os fenómenos que nela se producen.
-
meteoroloxía aplicada
[METEOR ]
Aplicación da meteoroloxía a diferentes campos, como a agricultura e o mar, que fai referencia ao estado das variables nun momento determinado.
-
meteoroloxía dinámica
[METEOR ]
Rama da meteoroloxía que estuda as leis de movementos da atmosfera e os mecanismos de formación e desenvolvemento dos sistemas ou perturbacións meteorolóxicas de diferentes escalas, aplicando as leis da dinámica de fluídos na atmosfera.
-
meteoroloxía física
[METEOR ]
Rama da meteoroloxía que estuda a radiación solar e outros tipos de enerxía que interveñen nos fenómenos meteorolóxicos.
-
meteoroloxía sinóptica
[METEOR ]
Aplicación diaria para a previsión do tempo.