metafísico -ca
metafísico -ca
metafísica
-
adx
Relativo ou pertencente á metafísica.
-
adx
Que é sutil ou difícil de comprender.
-
s
Persoa que se dedica á metafísica.
-
pintura metafísica
[ARTE ]
Movemento pictórico desenvolvido en Italia durante os anos 1916-1919 como reacción contra o futurismo. Retornou aos valores tradicionais da pintura pero dando aos personaxes e aos obxectos unha situación inhabitual.
-
poesía metafísica
[LIT ]
Tipo de poesía desenvolvida por un grupo de poetas ingleses do s XVII. Cultivaban unha poesía de inspiración relixiosa e de carácter e estilo enxeñoso, conceptista e hermético.
Citas
- Coas súas reflexións metafísicas non lle entendemos nada
- No exame preguntáronme polos metafísicos da antigüidade