mester

mester

lat ministerĭu

Plural: mesteres
  1. s m

    Traballo manual ao que se dedica profesionalmente unha persoa.

  2. s m

    Actividade de alguén.

  3. s m

    Necesidade ou falta de algo.

  4. mester de clerecía [LIT ]

    Escola poética castelá (ss XII-XIV). Os representantes máis destacados desta escola foron Gonzalo de Berceo e López de Ayala. Destacan as obras Libro de Apolonio e Libro de Buen Amor.

  5. mester de juglaría [LIT ]

    Escola poética castelá de tradición oral. Tivo o seu máximo explendor nos ss XII e XIII e no século posterior aínda se poden localizar algunhas composicións. Os seus temas principais son feitos nacionais que os xograres convertían en mito.

Frases hechas

  • Ser mester. Ser algo necesario ou preciso.