mesquita

mesquita

ár hispánico más ǧ id ár clásico masğid ‘lugar de culto’

Plural: mesquitas
s f [ARQUIT/RELIX ]

Edificio destinado á oración dos fieis no Islam. Está estruturado nunha sala dividida en naves que se orienta perpendicularmente cara á quibla, muro situado en dirección á Meca. No seu eixe central localízase un nicho ou capela chamado miḥrāb e diante del está a maqṣūra, recinto reservado para o califa. Anexo a esta construción ábrese un patio xeralmente porticado, cunha fonte no centro para as ablucións. A partir dos Omeias, engadiuse unha torre denominada minarete.

Formas incorrectas

mezquita