mesa

mesa

lat mensa

Plural: mesas
  1. s f

    Moble formado por unha táboa lisa sostida por un ou varios pés que se emprega para comer, estudar ou traballar.

  2. s f

    Moble disposto co necesario para comer.

  3. s f

    Comida que se serve á mesa.

  4. s f

    Banco longo que non ten respaldo.

  5. s f

    Monte de terra entre dous sucos.

  6. s f

    Conxunto de persoas que dirixen un parlamento ou unha corporación.

  7. s f

    Asociación de persoas ou entidades organizadas para facer cumprir as súas reivindicacións.

  8. s f [DER ]

    Conxunto de bens ou rendas dunha persoa ou corporación eclesiástica.

    1. s [XEOG ]

      Recheo estrutural formado por un estrato horizontal illado, de superficie plana e beiras abruptas, que é moi resistente á erosión.

    2. mesa submarina [XEOL ]

      Relanzo illado, de superficie plana e orixe volcánica que se localiza entre os 2.000 e os 1.000 m.

  9. mesa de braseiro

    Mesa redonda cun estrado entre as patas onde está colocado o braseiro.

  10. mesa de contratación [DER ]

    Organismo que decide sobre as distintas opcións nas adxudicacións dalgúns contratos de obras.

  11. mesa de levante

    Mesa que se pode encartar.

  12. mesa de noite/de cabeceira

    Mesa situada ao lado da cabeceira da cama.

  13. mesa redonda

    Conversa entre varios especialistas sobre un tema en que pode intervir o público.

Citas

  • Están afeitos á boa mesa
  • Ide para o comedor que xa está posta a mesa