mercar

mercar
  1. v t

    Adquirir algo a cambio de diñeiro.

  2. v t

    Conseguir, de maneira ilícita, o favor de alguén a cambio de diñeiro ou outras recompensas.

Refranes

  • A ganancia está na merca.
  • Antes de merca-lo becerro, fai o cortello.
  • Ide mercar á feira, veredes como vos vai nela.
  • Máis vale mercar que andar a rogar.
  • Maula mercar e maula vender, calquera o sabe facer.
  • Mellar é mercar que rogar.
  • Merca casa feita e terra onde nace a herba.
  • Merca na casa e vende na feira.
  • Merca na praza e vende na casa/na túa casa.
  • Mercar ben sempre foi riqueza.
  • Mercar caro non é franqueza nin causa que se lle pareza.
  • Mercar caro non é franqueza.
  • Mercar, na feira; e vender, na praza.
  • Mercar, pagando; e vender, non fiando.
  • Non merques ao coñecido nin ao fiado, que sairás trompicado.
  • Non merques de quen mercou; merca de quen herdou, que non sabe o que custou.
  • Non se debe mercar o que non se poida pagar.
  • Nunca queiras levar máis do que has pagar.
  • Ó campo e ao señor mércalles, cando precises; pero antes, non.
  • O coiro e o queixo mercalo ao peso.
  • O que a cousa desdeña, ese é o que a merca.
  • O que merca con diñeiro que non é seu, non diga que mercou senón que vendeu.
  • O que merca e mente, a bulsa llo sente.
  • O que non se pode mercar con diñeiro non se ha vender por diñeiro.
  • Para ruÍn feira, corda baleira.
  • Quen di mal da egua, ese é quen a merca.
  • Quen fala mal da cousa, ese é quen a compra.
  • Quen merca por xunto mantense de balde, se ten boa chave.
  • Quen merca ruÍn pano, merca dúas veces no ano.
  • Quen merca sen ter, vende sen querer.
  • Quen queira mula sen chata, ten que andar a gatas.
  • Tanto vale unha causa coma aquilo que se merca.
Conjugar
VERBO mercar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
merco
mercas
merca
mercamos
mercades
mercan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mercaba
mercabas
mercaba
mercabamos
mercabades
mercaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
merquei
mercaches
mercou
mercamos
mercastes
mercaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mercara
mercaras
mercara
mercaramos
mercarades
mercaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mercarei
mercarás
mercará
mercaremos
mercaredes
mercarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mercaría
mercarías
mercaría
mercariamos
mercariades
mercarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
merque
merques
merque
merquemos
merquedes
merquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mercase
mercases
mercase
mercasemos
mercasedes
mercasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mercar
mercares
mercar
mercarmos
mercardes
mercaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
merca
-
-
mercade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mercar
mercares
mercar
mercarmos
mercardes
mercaren
Xerundio mercando
Participio mercado
mercada
mercados
mercadas