meninxite
meninxite
meninxe + -ite
-
s
f
[PAT ]
Inflamación das meninxes.
-
meninxite aséptica
[PAT ]
Meninxite que se caracteriza por presentar un líquido cefalorraquídeo claro, con aumento de proteínas, glicosa normal e cultivo de bacterias negativo, e que case sempre é de etioloxía vírica.
-
meninxite carcinomatosa
[PAT ]
Meninxite provocada pola invasión das meninxes por células tumorais malignas que proveñen de calquera outra estrutura do organismo.
-
meninxite purulenta
[PAT ]
Meninxite que evoluciona con líquido cefalorraquídeo purulento, producida polos xermes meningococos, pneumococos e Hemophilus influenzae.
-
meninxite tuberculosa
[PAT ]
Meninxite producida polo bacilo de Koch.