meliloto

meliloto

lat melilōtos gr μελίλωτος

Nome científico: Melilotus officinalis Plural: melilotos
s m [PLANTA ]

Planta herbácea, anual ou bianual, moi ramificada, da familia das papilonáceas, que presenta follas alternas trifoliadas, con folíolos dentados, flores pequenas dispostas en acios axilares longos e estreitos, corola papilionácea de cor amarela ou branca e froitos en legume globosa, lisa e con costelas transversais.