melga

melga

lat merga ‘forca’ ?

Plural: melgas
  1. s f [ANIMAL/ICT ]

    Peixe condrictio, da familia dos escuálidos, de pequeno tamaño, que ten unha glándula velenosa na primeira e na segunda espiña dorsal e que carece de aleta anal.

  2. melga de mar [PLANTA ]

    Planta herbácea, da familia das fabáceas, que presenta talos decorrentes, follas trifoliadas e folíolos ovados, flores amarelas dispostas en acios e froito en legume enrolado en espiral.