medusa
medusa
antropónimo Medusa
-
s
f
[ANIMAL ]
Tipo de organización que presentan os cnidarios, formada por individuos de vida libre e peláxica que, en xeral, se reproduce sexualmente. O seu corpo denomínase umbrela e del sobresae o manubrio, onde está a boca. No bordo da umbrela presenta unha coroa de tentáculos provistos de cnidoblastos. As medusas son todas planctónicas e carnívoras.
-
cabeza de medusa
[MED ]
Aspecto que adquire a rede venosa superficial periumbilical nos casos de hipertensión portal.