meda

meda

lat mēta ‘morea, columna’

Plural: medas
  1. s f

    Monte grande de monllos de cereal colocados para ser mallados.

  2. s f

    Monte de herba seca ou palla colocada en forma de cono arredor dun pau na eira e coa que se alimenta aos animais.

  3. s f

    Monte de palla, herba seca ou monllos de cereal feitas na leira para segar.

Sinónimos

Citas

  • Este ano os veciños teñen unha meda ben grande
  • Vai por un brazado de herba á meda para botarlle ás vacas