mecánica

mecánica

lat mechanĭca gr μηχανιk ή [τέχνη] ‘arte da construcción de máquinas’

Plural: mecánicas
  1. s f [FÍS ]

    Rama da física que estuda o cambio de lugar, o desprazamento ou o movemento localizado, tanto dos corpos coma dos corpúsculos microfísicos.

  2. s f

    Modo en que algo funciona.

  3. s f

    Estudo das máquinas e da súa construción e funcionamento.

  4. mecánica analítica [FÍS ]

    Parte da mecánica que deu un novo tratamento matemático aos problemas, producindo sistematicamente as ecuacións que rexen un sistema mecánico.

  5. mecánica celeste [ASTRON ]

    Ciencia do desprazamento dos astros que se apoia nos instrumentos ópticos, que reciben as ondas electromagnéticas emitidas polos astros.

  6. mecánica clásica/newtoniana/racional [FÍS ]

    Parte da mecánica que explica o movemento dos corpos de xeito matemático, aínda que non é válida para casos nos que a velocidade é próxima á da luz.

  7. mecánica cuántica [FÍS ]

    Parte da mecánica que explica a estrutura e o comportamento dos átomos e as moléculas.

  8. mecánica cuántica-relativista [FÍS ]

    Parte da mecánica cuántica que inclúe as teorías da relatividade.

  9. mecánica de fluídos [FÍS ]

    Parte da mecánica que estuda o equilibrio e o movemento dos fluídos e a súa relación coas forzas que os producen ou que se lles opoñen.

  10. mecánica dos medios continuos [FÍS ]

    Parte da mecánica que se ocupa dos sistemas que están constituídos por un número tan grande de partículas, que é practicamente imposible estudar o movemento de cada unha delas por separado.

  11. mecánica estatística [FÍS ]

    Parte da mecánica que, aplicando métodos estatísticos, se ocupa de describir as propiedades macroscópicas dos sistemas físicos que están constituídos por un número moi grande de corpúsculos.

  12. mecánica ondulatoria [FÍS ]

    Teoría que suxire que, ao igual que as ondas electromagnéticas presentan algunhas características corpusculares, as partículas poden ter propiedades ondulatorias, o que se coñece como dualidade onda-corpúsculo.

  13. mecánica relativista [FÍS ]

    Parte da mecánica que se basea na teoría da relatividade, e que estuda os obxectos que se moven a velocidades elevadas, próximas ás da luz.

Sinónimos

Citas

  • En canto aprendas a mecánica do traballo todo che será moi doado
  • O mellor deste modelo de coche é a súa mecánica
  • Quere aprender mecánica e montar un taller de reparación de motos