material
-
adx
Relativo ou pertencente á materia.
-
adx
Relativo a aquilo que se pode ter, usar ou gozar de maneira física.
-
-
s
Conxunto de máquinas ou instrumentos que se empregan na explotación dun servizo ou nunha industria.
-
s
Materia, tanto natural como artificial, que serve para construír edificios, máquinas, vehículos e toda outra clase de obxectos.
-
ciencia dos materiais
Ciencia interdisciplinaria que estuda a relación entre a estrutura e as propiedades dos materiais e que permite mellorar as técnicas de produción e o uso dos materiais xa coñecidos, de atoparlles novas aplicacións e de obter novos materiais.
-
s
-
s
m
Documentos que serven para compor unha obra escrita.
-
material celular
[QUÍM/IND ]
Substancia sólida, de estrutura formada por pequenas células con aire, que se emprega como illante térmico e eléctrico.
-
material sensible
[IMAX/IND ]
Material fotográfico que, impresionado ou non, aínda non foi revelado nin fixado e que permanece sensible aos efectos da luz.