mariscal

mariscal

fr antigo mariscal fráncico *marhskalk ‘o que serve os cabalos’

Plural: mariscais
  1. s m [BÉL ]

    Grao superior da xerarquía militar nalgúns países durante moitos anos.

    1. s

      Oficial que tiña ao seu cargo os cabaleiros reais.

    2. gran mariscal

      Alto oficial da corte dun soberano.

  2. s m [RELIX ]

    Dignidade laica da corte pontificia que ten ao seu cargo a custodia da cónclave.