margarida

margarida

lat margarīta gr μαργαρίτης ‘perla’

Plural: margaridas
  1. s f [PLANTA ]

    Planta herbácea, do xénero Bellis e Argyranthemum, da familia das asteráceas, que presentan follas basais espatuladas, alternas e opostas, inflorescencias en capítulo coas lígulas brancas, e froito en aquenio sen vilano.

  2. s f [BOT ]

    Inflorescencia, en capítulo, das plantas herbáceas da familia das asteráceas, que está formado por pequenas flores pentámeras, denominadas flósculos, dispostas sobre un receptáculo, liguladas e rodeada de brácteas verdes que conforman un invólucro.